jueves, 9 de septiembre de 2010

Xosé Manuel Tobío: "A feira de saldos pode deixar en Ordes esta fin de semana uns 250.000 euros"

Según as previsións da concellería de Comercio de Ordes, cada visitante gasta entre 20 e 30 euros por día e este ano agárdase pola presenza mínima diaria de 5.000 persoas

Xosé Manuel Tobío Boquete ven de converterse no concelleiro máis 'saturado' de toda a corporación municipal ordense. Ás delegacións de Industria e Comercio que xa viña asumindo se lle suman agora as do recentemente cesado Xesús Pampín e que xa heredara de Ana María Álvarez, as de Servizos Sociais e Terceira Idade.

Como leva a asunción das dúas delegacións de goberno, Servizos Sociais e Terceira Idade logo do cese do seu compañeiro de partido, Xesús Pampín como edil de goberno?
Máis ou menos ben. Estamos traballando nunha serie de reaxustes logo dunha primeira toma en consideración de todo o traballo desenvolvido nestas dúas delegacións. Xa tiven varias xuntanzas co persoal e os técnicos das concellerías de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes. Agardamos poder facer unha maior valoración dos traballos no próximo pleno municipal.

"Non é o mesmo unha feira de saldos que un outlet..."
Esta fin de semana a súa concellería organiza o outlet na Alameda de Ordes...
Si, aida que non é exactamente un outlet. O que haberá será unha feira de saldos que a diferencia do outlet, ten un caracer periódico. A organizamos en colaboración con Acordes, a Asociación de Comerciantes de Ordes, e pódolle asegurar que haberá produtos rebaixados en ata un 70 por cento. Será facil poder atopar produtos cun prezo normal de venda de 300 euros por tan solo 50.

Contarán co mesmo espazo que o ano pasado?
Si, será na Alameda de Ordes que como sabemos ten o espazo que ten. A feira ocupará un espazo de 400 metros cadrados e contará cun total de 18 expositores.

Trátase dunha feira de cosumo interno ou se agarda pola presenza de visitantes?
Non, a feira está formada exclusivamente por comerciantes de Ordes, pero naturalmente está aberta a compradores de todas partes. O ano pasado estaban os arredores da Alameda cheo de coches de fora e este ano esperamos aumentar as ventas.

Que cifra de negocio estiman para a feira de saldos deste ano en Ordes?
Ainda que sabemos que a situación económica xeneralizada é a que é, este tipo de actividades son tamén unha gran ocasión. Como xa dixen haberá produtos especialmente rebaixados. Poderemos mecar produtos, por exemplo coma eu vin o ano pasado, uns zapatos que sei que custan entre 50 e 60 euros, pois que estaban vendéndose a 15. De repetir o éxito do ano pasado, que foi impresionante, estamos falando de cifras de en torno aos 5.000 visitantes diarios e cun gasto aproximado de entre 20 e 30 euros por persoa, así que calcule [Nota: Segundo as previsións do concelleiro, a Feira de Saldos podería arroxar unha cifra duns 125.000 euros diarios no comercio ordense]".

¿Quen é Xosé Manuel Tobío Boquete?
Veciño de As Casillas, ten 35 anos e é enxeñeiro de camiños. Nas eleccións municipais de 2007 formaría parte como número catro da candidatura del PSdG-PSOE encabezada por Esther Couto. O 30 de xuño de 2008, coa marcha de Couto ao Ministerio de Cultura en Madrid como asesora parlamentaria de César Antonio Molina, Xosé Manuel Tobío asumía o cargo de concelleiro do Goberno de Ordes entrando a formar parte do goberno municipal coma cuarto tenente de alcalde e delegado das áreas de goberno de Comercio e Industria. Tras o cese de Xesús Pampín en agosto de 2010, Tobío Boquete asumiría as súas delegacións de Servizos Sociais e Terceira Idade.

*