Dende o goberno do Concello animan tanto a veciños como a visitantes a que se acheguen á Alameda e participen desta feira na que poderán comprobar a calidade do noso comercio
O Concello de Ordes inauguraba esta mañá a segunda edición da Feira de Saldos que organiza coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes).
O concelleiro de Industria, Comercio, Servizos Sociais e Terceira Idade, Xosé Manuel Tobío, dedicou unhas palabras tanto a comerciantes como a visitantes, desexando aos primeiros que esta feira conte co mesmo éxito que o ano pasado e teñan as mellores ventas, e aos segundos que sexan partícipes desta iniciativa aproveitando a calidade dos produtos do comercio de Ordes a un baixo prezo.
Pola súa banda, o edil Xesús Pedreira, como alcalde en funcións, foi o encargado de dar por inaugurada a feira, que desexou, teña un gran éxito e veña seguida de moitas máis edicións.
En horario de 11:00 a 22:00 h.
A 2ª Feira de Saldos de Ordes, na que participan preto dunha vintena de comercios da vila, prolongarase durante toda a fin de semana cun horario de 11 a 22 horas. Os stands están instaladas nunha carpa ubicada na Alameda de Ordes.
Fotos: Momentos da inauguración da 2ª Feira de Saldos de Ordes esta mañá na Alameda.
*