En setembro comezarán actividades de alfabetización, cursos de cociña e de psicomotricidade para discapacitados no Mesón do Vento
Foron tres veciños e veciñas os participantes nas clases de iniciación á informática
A concelleira e o alcalde, Manuel Regos, entregaron os diplomas
Un total de 13 veciños e veciñas de Ordes participaron durante os últimos tres meses nun curso gratuito de iniciación á informática para discapacitados organizado pola Concellería da Discapacidade de Ordes. Un curso de 104 horas de duración que foi clausurado esta mañá polo alcalde de Ordes, Manuel Regos, e a concelleira da Discapacidade, Silvia Marín, quen fixeron entrega dos correspondentes diplomas acreditativos aos participantes, que estiveron acompañados polas súas familias.
Empadroados en Ordes e unha discapacidade non inferior ao 33 por cento
Nesta iniciativa, pioneira na comarca, participaron trece alumnos con distintas discapacidades: físicas, con deterioro cognitivo, xente con problemas sensoriais (sobre todo con problemas graves de visión) e con trastornos psicolóxicos. De feito, o único requisito para participar neste curso era estar empadroado en Ordes e ter unha discapacidade recoñecida pola Xunta non inferior ao 33% por cento.

Silvia Marín destacou a importancia deste tipo de actividades “de cara á socialización destas persoas, xa que non só aprenderon moito senón que tamén se amosan moito máis animados e queren saír máis da casa”.
De feito, estes trece veciños solicitaron ao Concello de Ordes a programación dun curso de informática de perfeccionamento. Marín acolleu a petición con agrado e explicou que buscará financiación para poder realizalo o vindeiro ano.

Non obstante, Marín aproveitou o acto para anunciarlles a estes rapaces que o vindeiro mes de setembro comezarán unhas clases matinais dirixidas ao colectivo de discapacitados, que terían lugar ata o vindeiro mes de maio de 2010. As clases terían lugar no colexio do Mesón do Vento, xa que dispón de aulas suficientes e se trata dun edificio sen barreiras arquitectónicas.
A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación
"O obxectivo é que haxa actividades para discapacitados todas as mañáns, actividades de alfabetización, de psicomotricidade, un curso de cociña con instalacións adaptadas para cadeiras de rodas e algunha de pintura, que é especialmente beneficiosa para os discapacitados psíquicos"
*