Os nacionalistas lembran que os dous millóns de euros negociados en anteriores exercicios polo BNG no Congreso teñen permitido a publicación do estudo informativo
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, valorou positivamente a publicación do estudo informativo da variante de Ordes e lembrou que, dentro das negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado, “o BNG ten conseguido nos últimos tres anos incrementos orzamentarios na variante de Ordes que teñen superado os dous millóns de euros, o que ten permitido realizar o estudo de impacto ambiental e o estudo informativo desta infraestructura”.
Castro anunciou que o BNG intentará aproveitar a súa presenza nas Cortes Xerais para “seguir conseguindo aumentos das partidas destinadas á circunvalación de Ordes, unha infraestructura que é vital para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes, ao liberar ao casco urbano da localidade do intenso tránsito circulatorio, sobre todo de vehículos pesados, que está a sufir diariamente”.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
“O grao de execución, por parte do Ministerio de Fomento, dos Orzamentos destinados á circunvalación de Ordes nos últimos anos, non foi enteiramente satisfactorio”
“Ademáis de aumentar a partida orzamentaria destinada á variante, conseguir o compromiso expreso do Goberno Central para que a cantidade acordada se execute e se invirta na súa totalidade”
Foto: Congreso dos Deputados na Carrera de San Jerónimo de Madrid.
*