Celebrouse esta pasada fin de semana en Buscás
Máis de 200 escopetas de toda Galicia participaron na sexta edición do 'Champiñón de Ouro' de tiro ao prato, celebrada durante esta fin de semana na parroquia ordense de Buscás. Unha competición que foi gañada por Marcos Andión, que recibiu o seu premio de man do concelleiro de Deportes, Ramón Vázquez Raña, quen tamén fixo entrega do 'Champiñón de Plata' ao segundo clasificado, José Manuel Otero.
Modalidade de tiro-robot
A proba, organizada pola Asociación Santa Marina de Ordes en colaboración co Concello de Ordes, disputouse baixo o sistema de tiro-robot a un total de 25 pratos. O sábado 25 de xullo tiveron lugar os entrenamentos e os pulls, unhas competicións paralelas ao 'Champiñón de ouro' nas que os tiradores competiron por máis de 5.000 euros en premios.
Durante a xornada de onte domingo tivo lugar a VI Tirada ao Prato 'Champiñón de Ouro', que incluíu un xantar de confraternidade con troitas e churrasco. A organización proporcionou servizo de bar e cartuchería. O xurado da proba estivo presidido por Aresoso Bello e contou cos directores de tiro Juan Martís, Javier Veiras, José Cores e Jorge Juncal.

*