O Concello investirá preto de 68.000 euros nas obras que durarán un mes
O Concello de Ordes vai investir preto de 68.000 euros na remodelación do parque infantil Félix Rodríguez de la Fuente, que leva máis de dez anos sometido a un severo uso.
O parque infantil conta con xogos moi antigos, que foron deseñados antes da entrada en vigor da normativa de seguridade existente. De feito, os únicos xogos aproveitables serán os balancíns, que se atopan en bo estado e cumpren coa normativa actual. Ademais, o valado perimetral do parque conta con moitos balustres rotos, o que supón tamén un risco potencial para os usuarios destas instalacións.
Tres novas áreas de xogo
O Concello vai instalar novos xogos no parque infantil, creando tres áreas de xogos adaptadas para distintas idades. Así, na zona de nenos pequenos instalaranse dous columpios con asentos de cuna e tipo cesta, un balancín de varios muelles e un conxunto modular accesible para os pequenos.
Tres novas áreas de xogo
O Concello vai instalar novos xogos no parque infantil, creando tres áreas de xogos adaptadas para distintas idades. Así, na zona de nenos pequenos instalaranse dous columpios con asentos de cuna e tipo cesta, un balancín de varios muelles e un conxunto modular accesible para os pequenos.
Na segunda zona, para nenos de máis idade, instalarase un balancín axial e dous conxuntos modulares: o primeiro con tobogán e xogos xiratorios; e o segundo con tobogán pasarelas de cordas recta e inclinada.
Finalmente, o Concello de Ordes construirá unha terceira zona de xogos saudables. Nela instalarase un xogo de bicicleta, outro de marcha ou andador, un xogo xiratorio de perna e de pé, así como outro de cadeira ou oscilante. Uns aparellos que xa se probaron con éxito noutras zonas, coma no parque 'Pilar Martínez Viqueira', e que son especialmente utilizadas por xente da terceira idade.
O proxecto de remodelación do parque infantil Félix Rodríguez de la Fuente está orzamentado en preto de 68.000 euros, dos que 60.000 serán financiados pola Deputación Provincial da Coruña. O prazo de execución das obras é de aproximadamente un mes.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Con esta obra pretendemos acondicionar e adaptar á normativa vixente este parque para garantir a máxima seguridade dos seus usuarios”
“Os xogos destinados aos nenos pequenos destacarán por ser xogos libres de barreiras, o que facilitará a integración dos nenos con discapacidade”
*