O Concello premia a Patricia López (9,9 de nota de Bacharelato), Macarena Pallas (9,8) e Iria Pedreira (9,6) polos seus extraordinarios expedientes académicos
O Concello de Ordes homenaxeou onte a tres alumnas do IES nº 1 de Ordes, que figuran entre os mellores expedientes académicos de Galicia e que remataron os seus estudios na vila ordense con “Matrícula de honra”. Trátase de Patricia López Gómez (de Santa Cruz de Montaos, Ordes, e cunha media de 9,9 no Bacharelato e 9,61 nas Probas de Acceso á Universidade), Macarena Pallas Rodríguez (de Lesta, Ordes, cun 9,8 en Bacharelato e 9,58 nas PAU) e Iria Pedreira Sanjurjo (do Peñasco, Frades, cun 9,6 en Bacharelato e 9,01 nas PAU).
Recibiron un agasallo do Concello
As tres rapazas e o equipo directivo do IES Nº 1 foron recibidos no salón de plenos ordense polo alcalde, Manuel Regos, e pola concelleira de Educación, Silvia Marín, quen lles fixeron entrega duns agasallos en nome do Concello de Ordes. Así, as rapazas levaron cadanseu reloxo mentras que o equipo directivo do IES Nº1 recibiu unha figura da fachada da Casa Consistorial ordense.

Patricia, Macarena e Iria recibiron o pasado 10 de xullo un diploma da Universidade de Santiago de Compostela por seren tres dos 179 alumnos coruñeses que remataron os seus estudos de Bacharelato cunha media superior ao 9. De feito, Macarena Pallas vén de conseguir un dos 20 Premios Extraordinarios de Bacharelato de Galicia e opta ao Premio Nacional de Bacharelato. A propia Macarena Pallas e Patricia López optan a un dos 80 Premios de Excelencia convocados pola Consellería de Educación, que dan dereito a unha bolsa de 3.000 euros.
A frase de Macarena Pallas
“Penso estudar mediciña, aínda que todavía non sei que especialidade”
“Presenteime porque si, non tiña pensado gañar nin moito menos. A verdade é que os profesores sempre axudaron moito e tivemos moita sorte con eles”
A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes
"Hoxe por hoxe é moi difícil conseguir notas tan altas, sobre todo no ensino público debido á gran competitividade”
*