Organizada pola Asociación Cultural Seixo Branco de Vilamaior
Este sábado 1 de agosto, a Asociación Cultural Seixo Branco de Vilamaior, celebrará na carballeira do Socorro o II Festival Sons do Socorro.
O comezo da festa está previsto para as 12.30 h. coa actuación do grupo de gaitas ‘Fontornela’ e a ‘Asociación Cultural A Ramola’, que traerán cantareiras e un grupo de baile.
Despois dun oficio relixioso no que se rendirá homenaxe ao que foi curra párroco da vila durante 58 anos, haberá un xantar con polbeira no que se agarda a presenza de máis de 200 persoas.
A troula comezará unha rematado o xantar coas ‘Zanfonas sobre rodas’ de Carlos de Viso e Luis de Caruncho, e o grupo de gaitas, ‘Os Viqueiras’.
Segundo informa a propia asociación, Seixo Branco leva cinco anos organizando este encontro festivo no emblemático lugar do Socorro, e durante os tres últimos acometeu obras por valor de 18.000 euros na mellora do campo, unha capela e unha fonte existentes no lugar. A última actuación de rehabilitación da Asociación tivo lugar este mesmo ano co cambio e revestimento do tellado da capela.
*