martes, 14 de julio de 2009

Aberto o período de información pública e audiencia pola variante de Ordes

.
Suporá a construción dun tramo de doce con orixe e final na N-550

Regos: "Aínda queda moito que facer para que esta variante sexa unha realidade"

O Concello amosa a súa gran satisfación polo sometemento a información pública do estudio informativo da variante de Ordes, cuxa documentación chegou esta mesma mañá ao Concello e que poderá ser consultada a partires de hoxe martes.

O alcalde Manuel Regos, destaca o bo facer do Ministerio de Fomento ao escoller a opción mellor valorada dende o Concello ordense de entre as tres plantexadas. Unha alternativa que suporá a construción dun tramo de 12,2 quilómetros, con orixe e final na N-550, e un investimento total de 85,87 millóns de euros (orzamento no que se inclúen 8,117 millóns de euros para expropiacións).

O vial, tal e como adiantou esta fin de semana Fomento, consta de dúas calzadas de dous carrís de 3,5 metros por sentido, con arcéns exteriores de 2,5 metros, mediana de 9 metros e arcéns inferiores de 1 metro. Para a súa construción será preciso acometer nove pasos inferiores e doce superiores, incluido varios enlaces coas vías máis significativas da zona como a N-524.

Aberto o periodo de información pública e audiencia
O periodo de información pública e audiencia estará aberto por un periodo de 30 días hábiles a partires da publicación do anuncio no BOE. Unha vez recibidas as alegacións, remitirase o expediente ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino para que formule a preceptiva Declaración de Impacto Ambiental, previa e necesaria para a aprobación definitiva deste Estudio Informativo, datado en decembro de 2008.

Regos Boquete destacou que “para que a variante sexa unha realidade aínda terán que pasar varios anos, polo que a rolda de circunvalación da Xunta será un respiro para Ordes, xa que desviará o tráfico pesado do centro da vila namentras non se constrúa a variante”. Ademais, unha vez construida a variante, este vial de 4 quilómetros de lonxitude “unirá os polígonos empresariais de Merelle e Poulo”, lembra Manuel Regos.

Esta rolda de circunvalación suporá un investimento de 2,2 millóns de euros. Un vial duns catro quilómetros de lonxitude que parte da N-550, á altura da ponte de entrada a Ordes (lugar coñecido coma Monte de Fernanducho), ata chegar de novo á estrada nacional no polígono industrial ordense. “Esperamos que a primeira fase das obras poidan estar listas o ano que vén”, explica Regos, “e que en ano e medio a teñamos operativa e permita desconxestionar o centro de Ordes ata a construción da variante”.

Fai clic baixo estas liñas para ver o vídeo da rolda de circunvalación:



As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Das tres alternativas existentes no estudio para a construción da variante, Fomento aposta pola alternativa que dende o Concello consideramos dende un principio como a máis interesante, pois vén complementar á rolda de circunvalación que acometeremos grazas ao apoio da Xunta"

“Ambas vías, variante e rolda de circunvalación, son moi necesarias para o desenvolvemento de Ordes xa que son totalmente complementarias e estamos a falar de dúas grandes obras que xerarán riqueza no municipio e que servirán para acabar definitivamente cos problemas derivados polo paso de tráfico pesado polo centro de Ordes"

"Aínda queda moito que facer para que esta variante sexa unha realidade, xa que dende mañán [por hoxe] estará exposta toda a documentación [sete tomos] ao público no Concello de Ordes"

Foto: Un camión de sogama pasando polo cruce entre Alfonso Senra, baixando a rúa O Recreo.
*