Regos: "O señor Recouso ou non ten nin idea de como é unha tramitación administrativa ou minte descaradamente"
Tobío: "Xa o dixen cando accedín ao cargo o ano pasado e o manteño: se conseguimos rematar toda a tramitación administrativa nesta lexislatura sería un auténtico éxito"
O alcalde Manuel Regos asegurou hoxe que as acusacións de incapacidade e deixadez lanzadas polo concelleiro do BNG, Ramiro Recouso no caso da tramitación do novo polígono industrial de Poulo “son propias dun auténtico ignorante con mala fe”. “Ignorante, porque descoñece os prazos das tramitacións administrativas que hai que acometer, e con mala fe porque só buscan poñer zancadillas a este Goberno buscando quen sabe que rédito político ou satisfación persoal”, explicou Regos.
O alcalde considera “ridículo, por non dicir unha mentira en toda regla” que Recouso asegure que o polígono de Poulo podería ser hoxe unha realidade. “Ramiro Recouso" asegurou o mandatario municipal, "actúa como un auténtico cobarde, lanzando acusacións a través dos medios de comunicación no canto de debatir nos plenos municipais”.
Un punto no que o alcalde ordense lembra que “Recouso tennos acostumados a lanzar a pedra e despois ocultar a man, como fixo tamén nas acusacións sobre a financiación de UXO, que non se atreveu a levar a pleno porque sabe que non son máis que mentiras como estas sobre o polígono”.
"Un proceso que leva moito tempo"
Pola súa banda, o concelleiro de Industria de Ordes, José Manuel Tobío, explica que a tramitación administrativa do polígono empresarial de Poulo é un proceso que leva moito tempo. “Xa o dixen cando accedín ao cargo o ano pasado e o manteño: se conseguimos rematar toda a tramitación administrativa nesta lexislatura sería un auténtico éxito”, apunta Tobío.
A primeira documentación presentada sobre o polígono industrial de Poulo ante a Xunta, asegura o goberno municipal, data de principios de 2008, seis meses despois da entrada do novo Goberno de Ordes. Unha documentación enviada a Medio Ambiente para a avaliación ambiental estratéxica, da que saíu un documento de referencia no que se especificaban os distintos estudios precisos para levar a cabo esta obra.
Aprobación provisional do plan
Así mesmo, unha vez elaborados os dous informes que solicitou Urbanismo (estudio pormenorizado da demanda e informe xustificativo de que eses terreos perderon os seus valores rústicos dende a aprobación das normas subsidiarias no ano 1996) o proceso que resta aínda será longo xa que será preciso aprobar provisionalmente o plan nun pleno do Concello, envialo a Urbanismo para que emita o seu informe, aprobación inicial en pleno de Ordes, sometelo a información pública e un informe definitivo da Xunta. Uns prazos que, de non complicarse, poderían levar aproximadamente outros dous anos.
Aprobación provisional do plan
Así mesmo, unha vez elaborados os dous informes que solicitou Urbanismo (estudio pormenorizado da demanda e informe xustificativo de que eses terreos perderon os seus valores rústicos dende a aprobación das normas subsidiarias no ano 1996) o proceso que resta aínda será longo xa que será preciso aprobar provisionalmente o plan nun pleno do Concello, envialo a Urbanismo para que emita o seu informe, aprobación inicial en pleno de Ordes, sometelo a información pública e un informe definitivo da Xunta. Uns prazos que, de non complicarse, poderían levar aproximadamente outros dous anos.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Este goberno tomou posesión hai dous anos e cinco días, e neste tempo puxemos en marcha un proxecto que non existía, presentamos a documentación ante Medio Ambiente e tamén o fixemos ante Urbanismo, o que ocorrre é que o señor Recouso ou non ten nin idea de como é unha tramitación administrativa ou minte descaradamente”
“Nós imos seguir traballando como levamos facendo ata o de agora por conseguir que o polígono de Poulo sexa unha realidade e nos permita crear postos de traballo e riqueza no noso municipio”
As frases de José Manuel Tobío
“A tramitación do polígono industrial de Poulo é doble, xa que ademais do polígono hai que facer unha modificación das normas subsidiarias”
"O informe que recibimos onte de Urbanismo sobre o polígono é referente a unha documentación que presentamos en xaneiro de 2009, é dicir, foron necesarios sete meses para que a Xunta se pronunciase e agora ábresenos outro prazo máis para presentar a documentación que nos requeriron”
*