Gonzalo Castro: “Se como di a Constitución española o ensino básico é obrigatorio e gratuíto, os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo”
O Bloque Nacionalista Galego de Ordes ven de presentar unha moción que será debatida polo pleno da corporación na que propoñen que este órgano inste á Xunta de Galicia a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.
O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro, defendeu a presentación desta moción argumentando que, “se como di a Constitución española o ensino básico é obrigatorio e gratuíto, os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo”.

.
"Tal e como está configurado o sistema educativo", asegura Castro, "o libro é aínda un elemento imprescindíbel que as familias están obrigadas a adquirir cada comezo de curso, o que esixe un esforzo económico que non garante a igualdade de oportunidades de todos e todas á educación”.
.
"Desmantelar o programa de gratuidade"
Segundo o nacionalista, para o curso 2009-2010, "a actual Consellería de Educación pretende desmantelar o programa de gratuidade de libros de texto nos centros de ensino sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos”, o que pon de manifesto, a seu xuizo, “a obsesión do actual goberno do PP na Xunta por desmantelar os logros conseguidos en etapas anteriores, como é o programa de gratuidade dos libros de texto impulsado polo goberno anterior con presenza do BNG.”

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
“Esta medida do goberno do PP vai crear un problema para moitas familias, que aínda non saben que vai pasar cos libros de texto no vindeiro curso académico e qué vai pasar co programa de gratuidade dos libros de texto”
“Consideramos inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, anunciada polo conselleiro de Educación, e admitida tamén polo presidente da Xunta de Galiza, xa que esta proposta de recorte, supón unha medida regresiva que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino, e evidencia unha vez máis a política neglixente que este goberno está a levar a cabo, mais ainda coa crise económica que estamos a padecer”
“O BNG espera que o pleno da corporación municipal apoie por unanimidade a moción, instando á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico”
*