sábado, 25 de julio de 2009

Compartindo experiencias sobre enfermidades neuromusculares

.
Dez veciños e veciñas charlaron sobre estas dolencias nunha xornada organizada por Adiscordes, Asem e o Concello

A Casa da Cultura acolleu na tarde de onte venres a primeira reunión dun grupo de axuda mutua sobre enfermidades neuromusculares, coordinada pola psicóloga Mónica Forteza e na que participaron dez veciños e veciñas de Ordes. Unha xornada organizada pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (Asem) e a Asociación de Discapacitados de Ordes (Adiscordes), en colaboración co Concello de Ordes.

Os participantes compartiron experiencias
A xornada prolongouse ao longo de máis de hora e media, que os presentes aproveitaron para compartir experiencias e, deste xeito, apoiarse uns aos outros. Thais Pousada, terapeuta ocupacional e coordinadora de Asem na provincia de A Coruña, lembra que as patoloxías neuromusculares son “más de 150 enfermedades diferentes, pero todas ellas con una característica común: la pérdida progresiva de fuerza muscular, son personas que se cansan fácilmente al caminar, correr, subir y bajar escaleras y muchos de ellos terminan dependiendo de otras personas o de dispositivos da ayuda como sillas de ruedas”.

ASEM conta na actualidade con 360 socios en Galicia, concentrados sobre todo na provincia de Pontevedra. Accións como a celebrada en Ordes sérvenlle para que este tipo de enfermos coñezan a existencia de mecanismos de axuda para a súas dolencias.
*