viernes, 24 de julio de 2009

Budiño tocará en Ordes grazas ao convenio asinado entre o Concello e Caixanova


O concerto terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto na Alameda

O Concello e Caixanova veñen de asinar un convenio de colaboración cultural que permitirá aos veciños e veciñas de Ordes disfrutar da actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño o vindeiro sábado 22 de agosto. Un acordo que foi asinado esta mañá polo alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o director comarcal de Caixanova, Octavio Fernández García.

Dacordo co convenio asinado, o Concello porá un escenario cuberto na Alameda para albergar a actuación, que terá lugar ás 22:00 horas. Así mesmo, o Concello encargarase da pegada dos carteis publicitarios e disporá do auditorio da Casa Cultura como lugar alternativo para a celebración do evento no caso de climatoloxía adversa. Pola súa banda, Caixanova encargarase da contratación da actuación e dos carteis publicitarios.
Presentará o seu disco, 'Home'
Xosé Manuel Budiño presentará en Ordes o seu novo traballo, 'Home', cheo de vitalidade e onde as melodías nacen da experiencia e da influenza das viaxes do artista na xira que o levou durante un ano enteiro por diferentes lugares do mundo.

Podes ver unha actuación do músico en Luar en xuño de 2007 baixo estas liñas:


A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Este acordo é un paso máis que dá o Concello de Ordes, nesta ocasión da man dunha entidade da importancia de Caixanova, no desenvolvemento de actividades culturais de primeiro nivel para os nosos veciños e veciñas, como será a actuación en Ordes dun dos gaiteiros máis famosos de España como é Xosé Manuel Budiño
*