O BNG local anuncia a achega económica da Deputación da Coruña
Gonzalo Castro: "A súa mellorá potenciará a realización de actividades culturais en Vilamaior e fortalecerá a súa vida social
Gaudeoso solicita do goberno municipal que envista 38.000 euros na escola
Gonzalo Castro ven de anunciar que a Deputación Provincial da Coruña, institución cogobernada polos nacionalistas, subvencionará o acondicionamento da escola primaria de Vilamaior de Ordes cunha cantidade próxima aos 21.000 euros. Segundo o concelleiro, a subvención irá destinada ás obras da primeira fase do acondicionamento da escola.
Lino Gaudeoso, dirixente local do BNG de Ordes e representante da Asociación Seixo Branco de Vilamaior, manifestou a satisfacción deste colectivo porque “por fin se teña atendido a solicitude da asociación Seixo Branco de mellorar e acondicionar o local social de Vilamaior”.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
"Coa mellora e acondicionamento da Escola Primaria de Vilamaior atendese unha vella reivindicación dos veciños desta parroquia”
“Na actualidade as escola de Vilamaior presenta importantes deficiencias no seu estado de conservación, sobre todo na primeira planta, que está inservíbel, así como na cuberta”
“A escola viña sendo utilizada, malia as súas deficiencias, como local social e cultural nunha parroquia que goza dun movemento asociativo moi dinámico, polo que a súa mellorá potenciará a realización de actividades culturais en Vilamaior e fortalecerá a súa vida social”
As frases de Lino Gaudeoso, da Asociación Seixo Branco
“Esta actuación permitirá habilitar espazos do local que agora non é posíbel utilizar, como os situados na primeira planta”
"Reclamamos do goberno municipal de Ordes que colabore do mesmo xeito que a Deputación e aporte un investimento que permita completar a totalidade do orzamento das obras correspondentes á primeira fase do acondicionamento da Escola que, segundo o proxecto do que dispón a asociación, ascendería a unha cantidade total próxima aos 38.000 euros”.
*