A petición, que materializouse a través dunha iniciativa no Parlamento de Galicia, fíxose extensiva tamén ao Concello de Ordes
Pontón: "Para facer realidade este polígono industrial requírese un compromiso efectivo da Xunta de Galiza"
A deputada do BNG pola comarca de Santiago, Ana Pontón, presentou onte, xunto a tamén parlamentaria Teresa Táboas, unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia pola que instan á Xunta de Galicia a “levar a diante todas as accións precisas para axilizar a creación de solo produtivo no concello de Ordes, promovendo dende o ámbito público a súa creación”.
"Na Xunta", asegurou Pontón en rolda de prensa conxunta co portavoz municipal Gonzalo Castro, "existe un proxecto de ampliación da dotación de solo empresarial, que consiste en reclasificar o solo urbanizábel delimitado de uso industrial a un ámbito de 1.576.485 metros cadrados situados na parte centro-este do concello”. Para a deputada, “esta actuación suporía a creación dunha nova zona industrial máis próxima á autoestrada AP-9 e adicional ao parque empresarial existente na estrada N-550”.
“É necesario que non se poñan atrancos e que se impliquen todas as administracións”
Sen embargo, para que este importante proxecto vaia adiante, Pontón recalcou que “é necesario que non se poñan atrancos e que se impliquen todas as administracións, tanto o concello de Ordes como a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas”.
En concreto, a deputada do BNG lembra que “para facer realidade este polígono industrial requírese un compromiso efectivo da Xunta de Galiza, xa que, ademais do polígono hai que tramitar unha modificación das normas subsidiarias, cos preceptivos trámites de aprobación provisional polo Concello; hai que remitilos á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para que emita o seu informe; ten que ter a aprobación inicial polo Concello; sometelo a trámite de información pública e que a Xunta emita o informe definitivo”.
“Imprescindíbel para atraer novas actividades a Ordes"
Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, asegurou que “crear solo produtivo en Ordes é imprescindíbel para non só consolidar o tecido empresarial existente, senón tamén para atraer novas actividades ao noso concello”.
Neste sentido, Gonzalo Castro salientou que “crear solo empresarial, e polo tanto crear postos de traballo, é aínda máis necesario nun momento no que no concello de Ordes hai case mil persoas no paro”.
En concreto, lembrou que “no último ano o paro subiu en Ordes un 43%, case o dobre que no resto da comarca, pasando ded 661 persoas desempregadas en xuño de 2008 a 943 en xuño deste ano”, segundo os datos do Instituto Galego de Estatítisca.

Documentos nº 1, 2 e 3: Proposición non de lei presentada onte ante a Mesa do Parlamento de Galicia polas parlamentarias Ana Pontón e Teresa Táboas.
*