Recouso: "O feito de que o alcalde leve dous anos na alcaldía sen conseguir ningún avance para a construcción do novo polígono industrial demostra a súa incapacidade para sacar adiante proxectos de envergadura e interese para os veciños"
O concelleiro do BNG, Ramiro Recouso, acusou ao alcalde, Manuel Regos, de "pretender lanzar unha cortina de fume e enganar aos veciños de Ordes, tratando de ocultar que leva dous anos sen facer nada para sacar adiante o polígono de Poulo".
“O único certo", asegura o nacionalista, "é que Regos durante os dous anos que leva na alcaldía non fixo nin o traballo nin a presión que tiña que facer noutras administracións para que o polígono fose unha realidade”. Para a continuación engadir que “o alcalde debe deixar de enganar aos veciños e recoñecer que non fixo os deberes durante estes dous anos e por esa razón Ordes está ainda sen o polígono de Poulo”.
Segundo Recouso “o feito de que o alcalde leve dous anos na alcaldía sen conseguir ningún avance para a construcción do novo polígono industrial, demostra a súa incapacidade para sacar adiante proxectos de envergadura e interese para os veciños de Ordes”.
"Despilfarrando en festas"
Ramiro Recouso afirmou que Regos “leva dous anos despilfarrando o diñeiro en festas e propaganda, en lugar de intentar paliar os efectos da crise económica no noso Concello con proxectos como o do polígono de Poulo, que contribuiría a resolver o problema do desemprego e da falta de oportunidades en Ordes”
Finalmente, o concelleiro emplazou a Manuel Regos “a deixar de buscar desculpas e poñerse a traballar para conseguir canto antes o novo polígono industrial, que xa podía ser unha realidade senon fose pola deixación de funcións do alcalde”
Finalmente, o concelleiro emplazou a Manuel Regos “a deixar de buscar desculpas e poñerse a traballar para conseguir canto antes o novo polígono industrial, que xa podía ser unha realidade senon fose pola deixación de funcións do alcalde”
*