Entre os dous pagaron 'a pachas' os 443.000 euros que custou o véhículo
O presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros e deputado provincial José Nogueira; a directora xeral de Protección Civil, Esther González Saavedra; e o alcalde de Ordes, Manuel Regos, presidiron esta mañá a entrega dun vehículo de altura para o parque ordense. Un vehículo no que a Xunta e a Deputación Provincial investiron 443.000 euros, financiado ao 50% por cada administración, e que dará servizo a toda a comarca de Ordes.
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, destacou que con este vehículo “solucionamos os problemas de seguridade que se nos puideran presentar en Ordes, xa que este camión permite facer rescates ata nunha altura de 27 metros, o que permitiría chegar ata os pisos do edificio máis alto da zona sen ter que depender nin de Santiago nin de A Coruña”.
Un punto no que incidíu José Nogueira, xa que lembrou que con esta entrega se cumpre o compromiso de dotar aos parques de bombeiros da provincia deste tipo de vehículos. Nogueira sinalou que tan só quedarían outros tres parques sen este tipo de vehículo: Boiro, Arzúa e Arteixo, aos que se intentará satisfacer nos vindeiros anos. Segundo Nogueira, “a entrega deste vehículo é mostra do esforzo feito pola Xunta e Deputación da Coruña para dotar de maior seguridade aos nosos conveciños”.
Características do vehículo
Pola súa banda, Esther González fixo fincapé na aposta da Xunta “por dotar duns medios innovadores e modernos aos parques de bombeiros galegos”. De feito, o camión entregado esta mañán cumpre con esas premisas. Trátase dun Mercedes Atego 1326, de 256 cv, que conta cunha escaleira que acada os 27 metros de altura, construida en 4 tramos extensibles de accionamento hidráulico.
É un vehículo que se pode desplegar en vías estreitas, xa que o ancho mínimo dos apoios é de dous metros e medios e conta cun sistema de apoios en horizontal e vertical. Dispón de cabina con capacidade para 3 persoas e conta con dous equipos completos de respiración autónoma en respaldo. Conta cunha cesta de salvamento con capacidade para 3 persoas (270 quilos), con accesos frontal e dous laterais. Dispón de dispositivos antichoque e antivuelco.
Así mesmo, conta cun foco orientable no último tramo da escaleira e ofrece a posibilidade de anclar dous focos máis na cesta, para facilitar os rescates pola noita. Tamén conta con camilla plegable de rescate de persoas que se pode acoplar á cesta de salvamento, que tamén dispón dunha conexión para dispoñer de auga na cesta. Finalmente, conta cun cabrestante de 5.400 quilos de potencia de arrastre.

*