Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, anuncia que, dentro das negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado levadas a cabo entre Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, e o Goberno Central, tense acordado aumentar a cantidade prevista para a circunvalación de Ordes, dos 50.000 €, que contemplaba inicialmente o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para o 2009, a 550.000 €.
Asimesmo, o portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, ten conseguido o compromiso expreso do Goberno Central para que a cantidade acordada se execute e se invirta na súa totalidade.
Asimesmo, o portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, ten conseguido o compromiso expreso do Goberno Central para que a cantidade acordada se execute e se invirta na súa totalidade.
"Un acordo moi satisfactorio"
Gonzalo Castro considera moi satisfactorio o acordo acadado entre o BNG e o Goberno Central, que permite aumentar significativamente a partida inicialmente destinada por éste á circunvalación de Ordes, que era de só 50.000 euros.
As frases
As frases
Gonzalo Castro: “Este aumento da partida para o 2009 até 550.000 euros permitirá avanzar na execución desta infraestructura, finalizando o estudo informativo e o proxecto constructivo da circunvalación”.
Gonzalo Castro: "O BNG ten demostrado, unha vez máis, a utilidade da súa presenza nas Cortes Xerais, conseguindo, ano tras ano, aumentos das partidas destinadas á circunvalación de Ordes, unha infraestructura que é vital para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Ordes, ao liberar ao casco urbano da localidade do intenso tránsito circulatorio, sobre todo de vehículos pesados, que está a sufir diariamente.”
*