O Concello recuperou a súa xestión
O Concello de Ordes, informa, recuperou a xestión do camposanto municipal despois de que o pasado 29 de xullo o pleno municipal aprobara o deshaucio por vía administrativa da empresa que tiña a concesión da instalación. No pleno do mes de setembro, que rexeitou o recurso presentado pola empresa, o voceiro municipal, Manuel Astray, xa anunciara a intención do Concello de Ordes de acometer profundas melloras nas instalacións. Un proxecto que nestes momentos está en estudio e que permitirá que os veciños e veciñas de Ordes poidan acceder a un servizo de calidade tanto no tanatorio coma no camposanto de O Balado.
La frase
Roberto González: "Instalouse un novo chan de tarima flotante e un sistema de calefacción do que carecían ambas salas, ademais de colocar novo mobiliario para que os veciños que teñan que facer uso destas instalacións as atopen nas mellores condicións posibles".
`
`