Previsión de actos para o magosto de halloween do venres 31 de outubro na Alameda de Ordes.
19 h. Obradoiro de castanas dirixido a nenos e nenas.
Que e o magosto?
Trátase da festa de exaltación da castaña que leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da nosa zona. Esta festa hoxe en día celébrase reuníndose os asistentes para asalas castañas e seguidamente comelas e xogar, bailar, contar contos, cantar, etc.
O día 1 de novembro, os celtas apaciguaban os poderes doutro mundo e propiciaban a abundancia das colleitas coa celebración da fiesta samahaim, a cal era, para uns, o comezo do inverno e, para outros, o final do verán; de calquera xeito, era o principio dunha nova xestación e dun período de intensa comunicación entre os habitantes de este e doutro mundo.
E que é o halloween?
E unha festa proveniente da cultura céltica que se celebra na noite do 31 de outubro. A súa orixe remóntase aos celtas e a festa foi exportada aos Estados Unidos, onde goza de gran popularidade, por emigrantes, sobre todo irlandeses durante o século XIX.
*