lunes, 20 de octubre de 2008

Xesús Pedreira asina no Pazo de Raxoi o protocolo para a xestión da Corredoira Verde a Compostela




Nota de prensa Concello de Santiago.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e o concelleiro de Medio Ambiente de Ordes e primeiro tenente de alcalde, Xesús Pedreira, xunto ao rexedor de Oroso, Manuel Mirás, asinaron no Pazo de Raxoi o protocolo para a creación, xestión, explotación e mantemento da Corredoira Verde a Compostela. No acto tamén estiveron presentes os concelleiros de Medio Ambiente de Santiago, Elvira Cienfuegos, e de Oroso, Xosé Pérez.

"Poñer en valor estes camiños"
Poñer en valor estes camiños é o principal obxectivo desta iniciativa, segundo indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A constitución deste Consorcio é o primeiro paso nesa dirección, que levará finalmente a asumir o mantemento destas vías se conclúen favorablemente as negociacións con ADIF, titular das mesmas.A Sionlla, Busto, Berdía e Nemenzo son as catro parroquias compostelás polas que discorren estas vías que, ademais de polos concellos de Oroso e Ordes, tocan os municipios de Tordoia e Cerceda, aos que tamén se convidará a participar no Consorcio. Sobre esta fórmula, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, explicou que "é a máis idónea para propiciar a colaboración entre distintas Administracións".

*