viernes, 24 de octubre de 2008

Xa se coñecen as cifras investidas por Medio Rural nas concentracións parcelarias: 1.281.421,20 euros


O portavoz nacionalista Gonzalo Castro, anunciou as últimas inversións realizadas pola Consellería do Medio Rural nas Concentracións Parcelarias de Ordes e que suponen un total de 1.281.421,20 euros, repartidos nas seguintes actuacións:

* Actualización Bases Definitivas da zona de concentración parcelaria de Bean-Pereira: 24.226,02 €

* Camiños secundarios e acondicionamento de fincas da zona de concentración parcelaria de Buscás: 381.545,75 €

* Acondicionamento de fincas e execución de camiños secundarios na zona de concentración parcelaria de Vilamaior-Barbeiros: 769.991,98 €

* Colaboración de Servizos Técnicos para a Revisión e Actualización do Expediente de Concentración Parcelaria na Zona de Ardemil: 43.413,58 €

* Colaboración de Servizos Técnicos para a Redacción do Acordo de Concentración Parcelaria na Zona de Bean-Pereira II: 62.243,87 €


A frase

Gonzalo Castro: "As inversións da Consellería de Medio Rural supoñen un grande avance no desenvolvemento socioeconómico das parroquias rurais do Concello, e que teñen permitido a toma de posesión nos últimos dous anos das concentracións parcelarias de Ardemil, Leira, Montaos e Buscás, así como un considerable avanze nas demáis concentracións parcelarias abertas no noso Concello”.


*