*
Comunicado del Consello Local del BNG. 17.30 h.
"O responsábel local do BNG de Ordes, Suso Ríos, afirmou hoxe que a formación nacionalista non vai calar polas amenazas de Regos e dos restantes concelleiros do goberno local de xudicializar a vida municipal. Engadiu que se queren converter o xulgado no foro de debate da problemática municipal alí estará o BNG para reafirmar as súas críticas á paralización do Plan xeral de Ordenación Municipal.
"O goberno municipal minte e engana"
Lembrou o responsábel local do BNG que o goberno municipal ten mentido e enganado aos veciños de Ordes no problema derivado da tala de árbores no paseo Iván Raña para ocultar as súas responsabilidades tanto na autorización da tala como na construción nunha zona verde, contemplada así no avance do plan xeral.
O dirixente nacionalista declarou que “utilizar a vía da xudicialización non vai impedir que se saiba que o goberno municipal ten ocultado a existencia dun informe da Consellaría de Medio Ambiente (PSOE), favorábel á tala das árbores co argumento de que non se atopaban nun espacio protexido a pesar de estar dentro da Rede Natura, afirmando por riba que a corta non mermaba significativamente as masas árboreas do lugar, ademáis de non aplicar a ordenanza municipal de plantacións forestais nin exixir a licencia municipal tal e como estabelece a lei.”
Regos e o goberno local, responsables
Segundo Suso Ríos, o goberno local e Manuel Regos son os únicos responsábeis de permitir a ocupación dunha zona verde prevista no PXOM, aproveitando as normas urbanísticas aprobadas no ano 1996, durante a etapa de Regos no PP, e son responsábeis do dano irreversíbel que se ten causado a unha zona de alto valor ecolóxico e que no avance do PXOM se recollía como unha zona de protección e zona verde, como unha zona de lecer para os veciños de Ordes, como a que corresponde ao paseo Iván Raña.
Finalmente, o responsábel local do BNG, denunciou que a tala indiscriminada de árbores está relacionada cun proxecto urbanístico permitido e amparado polas normas subsidiarias do Concello de Ordes, normativa que se aprobou no ano 1996, cando Manuel Regos era tenente-alcalde do PP, e lembrou que o BNG leva un ano e medio reclamando ao goberno municipal que acelere a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o que impediría a tala de árbores e a edificación, e permitiría a creación dunha zona de lecer para os veciños e veciñas de Ordes, mais o alcalde, en lugar de atender esta petición do BNG, o que fixo foi paralizar a tramitación do PXOM, beneficiando intereses particulares en lugar de defender o interese xeral, “lamentabelmente, agora empezamos a entender porque o goberno municipal paralizou a tramitación do PXOM” engadiu Suso Ríos.
"Ningunha ameaza nin presión conseguirá silenciarnos"
Ríos terminou afirmando que “o BNG seguirá defendendo os intereses dos veciños de Ordes, e ningunha ameaza nin presión conseguirá silenciarnos diante de actuacións que só buscan a defensa de intereses particulares en detrimento do dereito dos veciños e veciñas do noso concello a gozar dun territorio apto para vivir e para o lecer, no que prime o benestar e a calidade de vida.”