martes, 14 de octubre de 2008

Medio Rural anuncia la entrega de la concentración parcelaria en Buscás


Nota de prensa BNG. 20.10 h.

A Consellería do Medio Rural ven de anunciar o acordo da toma de posesión provisional das fincas da Concentración Parcelaria de Buscás, acordo que será publicado nos proximos días no Diario Oficial de Galicia. Con este acordo faise entrega aos veciños afectados pola concentración das súas fincas de reemplazo.

O anuncio foi feito pola Delegada Provincial da Consellería do Medio Rural, Olga García, no transcurso dun acto informativo celebrado no día de hoxe na parroquia de Buscás, ao que acudiu acompañada do portavoz local do BNG, Gonzalo Castro.

Posesión provisional das fincas de reemplazo
No acto informouse dos trámites da toma de posesión provisional por parte dos veciños das fincas de reemplazo, unha vez que se produza a publicación no DOG do acordo da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias polo que se resolveu dar posesión provisoria dos novos predios. A toma de posesión é obrigatoria para todos os interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen.

Olga García informou de que os propietarios poderán reclamar ante a delegación provincial, xuntando ditame pericial, sobre diferenzas superiores ao dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de sesenta días naturais seguintes á data en que os predios de substitución se poñan á disposición dos novos propietarios para a súa toma de posesión.

Prazos para as tomas de posesión
Así mesmo, a delegada provincial informou de que os prazos para a toma de posesión serán os seguintes:

1. Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: ao día seguinte ao da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia.

2. Os restantes predios, no momento de seren retiradas as colleitas que estiveren pendentes de recolección no día antes citado.

3. En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre achegante e adxudicatario. No caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de achega no prazo de seis meses contados a partir da publicación do presente aviso no Diario Oficial de Galicia, logo da petición á Xefatura do Servizo de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, da Consellería do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no caso de seren especies autóctonas protexidas.

Correcta colocación dos marcos
Do mesmo xeito, informouse da necesidade de que os propietarios comproben a correcta colocación dos marcos nas súas parcelas e, no caso de que detecten a falta de colocación dalgún, que o comuniquen coa maior brevidade á Consellería, para que a empresa adxudicataria do amolloamento da concentración poida proceder á súa colocación. Finalmente, informouse da existencia dunha afección de tres metros nas fincas colindantes co camiño inglés.


Reaccións
Gonzalo Castro (BNG): "A posesión provisional das parcelas da concentración parcelaria de Buscás teñen unha incidencia positiva no desenvolvemento socioeconómico do noso concello, non só no referente as posibilidades de dimensionamento das explotacións agrarias, senon tamén respecto á creación e mellora das infraestructuras”.

*