sábado, 4 de octubre de 2008

Crisis del Zoadoiro (IV): "O Concello oculta o informe de Medio Ambiente por intereses particulares"



Video de la rueda de prensa disponible en YouTube a través de este enlace: http://es.youtube.com/watch?v=zNb9VVQcvAI


El grupo municipal del BNG local ha hecho públicas nuevas declaraciones sobre la crisis de la tala de árboles en rueda de prensa celebrada en la sede comarcal del BNG en Santiago. En esta ocasión, Gonzalo Castro ha responsabilizado al alcalde de Ordes, Manuel Regos, de paralizar el Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) “por intereses particulares”.

Los motivos del BNG en 9 puntos:


1. O goberno municipal ten mentido e enganado aos veciños de Ordes no problema derivado da tala de árbores no paseo Iván Raña. A Consellería de Medio Ambiente (PSOE), como organismo competente na protección de medio ambiente e na conservación das zonas protexidas ten emitido un informe favorábel á tala das árbores co argumento de que non se atopaban nun espacio protexido e a corta non mermaba significativamente as masas árboreas do lugar, a pesar de que a zona se atopaba dentro da Rede Natura”.


2. Este informe é preceptivo, e é o que serviu de base á autorización da Consellería do Medio Rural, que ainda así, estabeleceu uns requisitos de corta moi estrictos.


3. O goberno ten ocultado este informe da Consellería de Medio Ambiente por intereses partidistas e o que, ainda é máis grave, ten feito deixación de funcións e non ten aplicado a ordenanza municipal de plantacións forestais que estabelece para poder realizar cortas de árbores dentro do término municipal de ordes, será necesario que a persoa física ou xurídica responsable da corta o comunique previamente ao concello a mesma, polo que a ausencia desta comunicación sería motivo máis que suficiente para que o concello paralizase a tala.


4. O goberno, diante dunha actuación en solares urbanos sen licencia municipal no ten feito absolutamente nada para paralizar a mesma.


5. O goberno local de Manuel Regos é o único responsábel da situación que se ten xerado na rúa Mediodía e no paseo Iván Raña, ao permitir a ocupación dunha zona verde prevista no PXOM, aproveitando as normas urbanísticas aprobadas por Regos na súa etapa no PP.


6. O alcalde é o único responsábel do dano irreversíbel que se ten causado a unha zona de alto valor ecolóxico e que no avance do PXOM se recollía como unha zona de protección e zona verde, como unha zona de lecer para os veciños de ordes.


7. A tala indiscriminada de árbores está relacionada cun proxecto urbanístico permitido e amparado polas normas subsidiarias do Concello de Ordes, normativa que se aprobou no ano 1995, cando Manuel Regos era tenente-alcalde do PP.


8. O BNG leva un ano e medio reclamando ao goberno municipal que acelerase a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, e que calificase a zona do paseo afectada pola tala de árbores como zona verde, o que impediría a tala de árbores e a edificación, e permitiría a creación dunha zona de lecer para os veciños e veciñas de ordes, mais o alcalde, en lugar de atender esta petición do BNG, o que fixo foi paralizar a tramitación do PXOM, por mor de intereses persoais e particulares.


9. Lamentábelmente, agora empezamos a entender porque o goberno municipal paralizou a tramitación do PXOM.
*