Nota de prensa Concello de Ordes. 17.56 h.
O CONCELLO DE ORDES ESTUDIA DENUNCIAR XUDICIALMENTE A RAMIRO RECOUSO E MONTSERRAT REY POLAS SÚAS AFIRMACIÓNS SOBRE A TALA DE ZOADOIRO BAIXO
O voceiro municipal, Manuel Astray, lamenta “ter que xudicializar este tema pero non podemos consentir que se pretenda calumniarnos”
O Concello de Ordes estudia emprender accións legais contra as persoas de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG, e Montserrat Rey, presidenta de ADEGA en Ordes, polas súas acusacións nas que responsabilizan ao Concello de Ordes da tala de árbores realizada a pasada semana na finca Zoadoiro Baxo, na beira do río Mercurín, e que afectou a 7 salgueiros, 5 ameneiros, 17 castaños e 7 carballos. O voceiro do grupo de Goberno, Manuel Astray, asegura que “como avogado lamento ter que xudicializar este tema, pero non podemos consentir que se nos pretenda calumniar dicindo que autorizamos ou consentimos unha tala nunha zona protexida cando non é certo, e eles o saben”.
Presunto delicto de calumnias
Neste sentido, Astray considera que estas dúas persoas poderían ter incurrido nun presunto delicto de calumnias ao acusar ao Concello de Ordes de ter cometido un delicto tipificado no artigo 332 do Código Penal, penado incluso con penas de cárcere que poderían ir dos catro meses aos dous anos. Ademais, o voceiro municipal insiste en que “no caso de Ramiro Recouso a situación é aínda máis grave xa que, na súa condición de concelleiro, recibíu no pleno deste luns toda a información sobre a tala e mesmo puido ver o documento polo que a Consellería do Medio Rural autorizaba a devandita corta”.
El BNG y Adega pretenden confundir a los vecinos
Manuel Astray considera que “na política está ben a confrontación de ideas e a crítica, pero o que non podemos permitir é que se falte á verdade para intentar ocultar que foi a Consellería do Medio Rural quen autorizou unha tala de árbores, en plena Rede Natura, polo simple feito de pertencer ao mesmo partido e tratando así de confundir aos veciños e veciñas de Ordes”. Neste sentido, Astray lembra que o Concello de Ordes non foi notificado en ningún momento da autorización da devandita tala, que foi aprobada polo xefe do Servizo de Montes da Delegación na Coruña da Consellería do Medio Rural, Guillermo Aceba Lucía, o pasado 24 de xuño tal e como puido comprobar o propio concelleiro nacionalista.
Así mesmo, Manuel Astray lembra que unha vez que a Consellería do Medio Rural autorizou a tala, o Concello de Ordes non ten competencia algunha para paralizala, se ben mobilizou á Policía Municipal para que levantase un informe para comprobar que se cumprían todos os términos da autorización expedida por Medio Rural. Ademais, o propio alcalde, Manuel Regos, solicitou o pasado 29 de setembro ao Servizo de Montes e Industrias Forestais da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural que “cando se autorice unha corta ou tala de árbores dentro do termo municipal de Ordes se nos comunique para poder adoptar as medidas oportunas”.
Mañana viernes 3 de octubre a las 12.30 h. en la sede comarcal del BNG (Rúa Home Santo 54, baixo, de Santiago de Compostela), Gonzalo Castro ofrecerá una rueda de prensa sobre la situación derivada de la tala de árboles en el Paseo de Iván Raña.
*