Arredor dunha trintena de persoas participaron onte nunha charla coloquio organizada pola concellería de Sanidade de Concello de Ordes en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, e enmarcada dentro dunha campaña de protección solar que leva por título A túa pel non ten recambio, sabes cómo protexela do sol?.
A charla tivo lugar no Salón de Actos do Museo do Traxe de Juanjo Liñares, e correu a cargo de Soledad Reparaz, farmaceútica do Departamento de Formación de Avène e contou coa presenza do concelleiro de Sanidade de Ordes, Xesús Pedreira.
*