domingo, 25 de julio de 2010

O cine e os monicreques darán comenzo a unha nova semana do Verán Cultural

.
Se trata dun programa deseñado pola concellería de Cultura e Deportes de José Ramón Vázquez Raña para os meses de xullo e agosto na vila de Ordes

A cultura segue a ser a protagonista en Ordes durante este verán e os próximos días serán o cine e os monicreques as actividades que dean comenzo a unha nova semana deste 'Verán Cultural' deseñado polo Concello de Ordes para o disfrute de todos os seus veciños.

Así o luns 26 de xullo,e tralo parón da fin de semana, a partir das 22:30 horas a Alameda de Ordes acollerá unha noite de cine coa proxección da película 007:Quantum of Solace. A esta actividade seguirá o martes 27 de xullo un espectáculo de monicreques titulado A Caixa de Música que terá lugar a partir das 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

Foto: O concelleiro de Cultura e Deportes de Ordes, José Ramón Vázquez Raña.

*