.
Organizado polo Grupo AA.CC. Veciños de Leira conta coa colaboración do Concello de Ordes
A parroquia de Leira acollerá o próximo domingo día 18 de xullo a celebración dunha nova edición do Encontro de grupos de danzas rexionais. Un festival organizado polo Grupo AA.CC. Veciños de Leira e que conta coa colaboración do Concello de Ordes.
Nesta ocasión, na que o evento vai xa pola súa decimo oitava edición, mostra da súa consolidación dentro do circuito de festivais folclóricos no ámbito galego, os grupos participantes serán San Martiño de Cerceda, As Mariñas de Cambre, e o grupo anfitrión da Asociación Cultural Veciños de Leira.
Os actos, que terán lugar no campo da festa de Leira ao lado da igrexa, darán comenzo xa a partir do mediodía cunha comida campestre, para dar paso ás 18 horas ao festival de danza. Tralas actuacións haberá uns pinchos para todos os participantes.
*