viernes, 9 de julio de 2010

O Concello colabora na V Marcha Universal a Santiago de Compostela para la Paz

.
Promovida pola Fundación Marcha Universal a Santiago de Compostela e que terá lugar do 3 ao 8 de agosto

O Concello de Ordes colabora un ano máis coa Fundación Marcha Universal a Santiago de Compostela para a celebración da V Marcha Universal a Santiago de Compostela para la Paz.

Esta marcha celebrarase do 3 ao 8 de agosto. Cinco grupos de camiñantes partirán o día 4 de agosto de cinco lugares distintos de Galicia, cada grupo representando un continente, África, América, Asia, Oceanía e Europa. Camiñarán cinco días en dirección a Compostela e chegarán simultáneamente á Catedral o día 8 de agosto, simbolizando así esta marcha o camiño das distintas culturas cara a un único obxectivo, a paz.

*