Este ano haberá dous tipos de actividades, unhas ofertadas polo Concello e outras ofertadas polas ANPAS dos centros
O Concello de Ordes e as ANPAS dos CEIP Campomaior e o ADR Castelao de Ordes, manteñen todavía aberto o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2010- 2011. Unhas actividades que está previsto dean comenzo o próximo día 1 de outubro e cuxo prazo de inscrición rematará o día 15 de xullo. Este ano haberá dous tipos de actividades, unhas ofertadas polo Concello a través da concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe Silvia Marín, e outras que ofertan as ANPAS.
En canto ás actividades que se promoven a través do Concello haberá catro modalidades, Multideporte, Aprender a crear, Patinaxe e Xadrez que se ofertarán en ámbolos dous centros escolares do municipio en diferentes horarios.
Por outra banda no CEIP Campomaior a ANPA do centro oferta, para os seus socios, clases de natación escolar, informática, danza contemporánea, debuxo e pintura e hockey, e por outro lado a ANPA do ADR Castelao ofertará para os alumnos, natación e informática.
Presentar as solicitudes no departamento de Educación do Concello
En canto á presentación das solicitudes para poder participar nestas actividades, deberán ser entregadas no departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, situado na planta baixa da Casa do Concello, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ata o próximo 15 de xullo. Ademais todos os interesados tamén poderán solicitar máis información acerca de prezos ou horarios das actividades neste mesmo departamento municipal. Dende o Concello e as ANPA explicaron que os alumnos que empecen este curso no colexio poderanse anotar nas actividades extraescolares unha vez que empece o curso académico.
Dependendo da demanda das actividades, o Concello pode, por motivos de espazo, variar algún dos horarios establecidos. Así mesmo ten que haber un mínimo de nenos e nenas anotados en cada actividade para podela pór en marcha. Ao peche do prazo de inscrición publicaranse os resultados nos respectivos centros educativos e no Concello.

Foto: Silvia Marín, concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade de Ordes.
*