martes, 13 de julio de 2010

O 'Millenium', campións de fútbol 7 da comisión de festas de Senra

.
A final xogouse en Oroso fronte ao Salchichón Leyma de Trazo

Os xogadores do equipo ordense 'Millenium' proclamáronse campións do torneo de Fútbol 7 organizado pola Comisión de Festas de Senra, en colaboración co Concello de Oroso, e que se celebrou esta fin de semana no campo municipal 'Lino Balado' de Sigüeiro.

Un campión que tivo que decidirse na quenda de penaltis, despois de que a final contra o Salchichón Leyma (Trazo) rematara en empate. Neste campionato participaron máis de cen xogadores, repartidos nun total de 18 equipos procedentes de toda a comarca de Ordes.

*