viernes, 2 de julio de 2010

O Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración, a exame

.
Este proxecto pretende mellorar a integración e a convivencia de todas as persoas residentes no municipio

O Concello nos convida a todos a participar nel facendo suxerencias no teléfono 981 680002 ou 981 680157

O Concello de Ordes está levando a cabo unha iniciativa pioneira que consiste na elaboración dun Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración. Con este plan preténdese mellorar a integración e a convivencia de todas as persoas residentes no municipio, tanto na vida social e política como na económica e cultural.

Así, ata o mes de setembro, contactarase con diversos organismos e entidades, tales como asociacións culturais, deportivas, empresariais e centros educativos do entorno, entre outros axentes, para solicitar a súa colaboración no proceso mediante entrevistas persoais. Xa durante o mes de xuño realizouse unha enquisa entre a poboación para coñecer a percepción dos habitantes con respecto ao grao de integración e cohesión social existente no municipio, cuxos resultados serán presentados no terceiro cuatrimestre do ano.

Dende o Concello de Ordes convídase a todos os veciños e veciñas do municipio a colaborar e participar activamente na elaboración deste plan. Para que todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poidan realizar as suxestións e recomendacións pertinentes, o Concello pon á súa disposición os teléfonos 981 680002 e o 981 680157 en horario de 9 a 14:30 horas. Tamén se poderá acudir persoalmente ás dependencias municipais para demandar máis información.

A frase de Xesús Pampín, concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes
"O obxectivo principal deste proxecto é analizar a realidade social da poboación ordense tendo en conta o seu país de procedencia, e establecer estratexias que melloren o desenvolvemento social nunha sociedade cada vez máis diversa"

*