miércoles, 28 de julio de 2010

As obras da primeira fase da rolda leste serán inauguradas o próximo 11 de agosto

.

O vial contará cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peonil

Regos: "Con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio"

O próximo día 11 de agosto inauguraranse as obras da primeira fase do vial alternativo da rolda leste co que preténdese desviar o tráfico pesado do centro do municipio.

As obras desta primeira fase, que xa están a piques de rematar, daban comenzo no mes de marzo e consisten na construcción do vial de enlace entre a N-550 e a AC-524. Un vial de, aproximadamente, 730 metros de lonxitude, que contará cunha calzada de tres carrís de circulación, un carril bici e unha senda peatonal, o que suporá que nun futuro se trate dunha gran avenida dentro do núcleo de Ordes, tal e como explicaron dende o goberno local.

O orzamento destas obras ascende a máis de 850.000 euros, asumidos a través do convenio asinado polo Concello coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta.
.
Obras da segunda fase
Por outra banda o pasado mes de xuño adxudicábanse as obras da 2ª fase desta rolda leste, unhas obras que consistirán na construcción dun vial que enlazará a AC-524 (Ordes- Lanzá) co polígono industrial de Ordes, e que se encontran incluídas dentro do mesmo convenio entre Concello e Xunta.

En canto a estas obras, tal e como explicou o concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello de Ordes, Roberto González, o novo trazado ten unha lonxitude total de un pouco máis de 2 kilómetros. O novo vial terá calzada única con dous carrís de 3 metros de ancho cada un, un para cada sentido da circulación. O orzamento total das obras é de 1,3 millóns de euros aproximadamente, que asumirá tamén a Xunta.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Con este vial preténdese garantizar o desvío do tráfico pesado do centro do municipio, fundamentalmente aqueles transportes con destino Sogama, xa que na actualidade para acceder ao polígono teñen que pasar polo núcleo de Ordes. Ademais, con este vial de enlace tamén se facilitará a conexión coa AP-9"

*