miércoles, 21 de julio de 2010

De excursión polas Rías Baixas

.
O Concello organiza unha excursión para a Terceira Idade do municipio

Terá lugar o próximo 18 de setembro e o prazo para anotarse rematará o próximo 30 de agosto


O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar o próximo 18 de setembro unha excursión polas Rías Baixas dirixida á Terceira Idade do municipio. A saída realizarase dende a Alameda de Ordes dirección ao Salnés, onde se visitará a Ruta da Pedra e da Auga, para seguir por O Grove e A Toxa onde se realizará unha travesía en barco pola Ría de Arousa cunha degustación de viño e mexillóns. En Cambados terá lugar o xantar e xa pola tarde todos os participantes visitarán o Mosteiro de Armenteira.

Todos aqueles que estean interesados en participar deberán anotarse antes do 30 de agosto no departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes, ou chamando ao teléfono 981 680002. O prezo por persoa desta excursión será de 35 euros.

Foto: Illa de A Toxa.

*