Mostrou unha gran satisfacción pola acollida na súa vila natal
O alcalde Manuel Regos, recibía o pasado mércores na Casa do Concello a visita dun veciño do municipio residente no exterior. Trátase de José Villasenín, ordense de nacemento e residente na Arxentina, que está a pasar uns días de vacacións no municipio.

Regos desexou a este veciño que pase uns bos días de vacacións en Ordes, así como lle entregou unha lembranza do Concello. Pola súa banda José Villasenín mostrou a súa satisfacción por estar no seu pobo natal, así como pola boa acollida recibida.
*