Enmarcado dentro da programación cultural organizada polo Concello
Nenos e maiores do municipio disfrutaron onte co espectáculo de monicreques que tivo lugar na Alameda co gallo da posta en marcha do programa Verán Cultural que organiza o Concello de Ordes para o disfrute dos seus veciños e veciñas durante esta época estival.
Un espectáculo ao que acudiron máis dun cento de ordenses que pasaron un rato divertido coas aventuras destes bonecos, e que se sumou á noite de cine celebrada o pasado martes e ao espectáculo de danza do mércores. Hoxe tócalle o turno ao teatro coa representación da obra teatral 'Adolescencia Divino Tesoro' a cargo do grupo de teatro municipal, na Casa da Cultura a partir das 22 horas, e xa de cara á fin de semana, mañá sábado haberá música en directo, mimo e maxia na Alameda ás 22:00 horas, e o domingo un espectáculo de malabares no mesmo lugar a partir das 20 :00horas.
*