O Grupo Municipal do PP de Ordes insta ao Concello a dirixirse a Fomento para salvar dos recortes a execución da variante da N-550
“En lugar de preocuparse polos proxectos importantes para Ordes, ao Goberno só lle importan as obras dos baixos da Alameda”, afirman os populares
A xestora do Partido Popular de Ordes informa hoxe de que os recortes orzamentarios anunciados nestes días polo ministro de Fomento, Xosé Blanco, suporán, na súa opinión, "a defunción definitiva do proxecto de construción da Variante de Ordes que permitiría liberar o núcleo urbano do intenso tráfico que rexistra a estrada N-550, sen concentralo no polígono industrial como vai pasar cando esté rematada a ronda leste".
Para tratar de salvar este proxecto, o grupo municipal do Partido Popular vai rexistrar unha proposta para que o Goberno municipal se dirixa ao Ministerio de Fomento "para esixir garantías da execución a curto prazo", desta obra que, ao mesmo tempo, "actuaría como un revulsivo económico para a localidade".
"Silencio sospeitoso de Fomento"
Os populares ordenses consideran "sospeitoso" que o Ministerio de Fomento "estendese un velo de silencio sobre o proxecto de execución da variante de Ordes desde que hai un ano, o 11 de xullo de 2009, anunciase o inicio do procedemento de información pública do estudio informativo da variante".
Podes consultar as notas de prensa remitidas polo Ministerio de Fomento sobre a Variante de Ordes a través deste enlace.
Sempre segundo os populares, o orzamento base de licitación da alternativa proposta daquela polo Ministerio de Fomento para a Variante de Ordes ascendía a 77,8 millóns de euros para un tramo de 12,2 quilómetros de lonxitude.
"Pasividade" e "silecio cómplice" do Executivo local
O PP local denuncia tamén a pasividade e o silencio cómplice do Concello de Ordes en relación con este proxecto de capital importancia. “En lugar de preocuparse polo que realmente importa aos veciños, como a Variante da N-550, o goberno prefire desviar a atención con outros asuntos de relativa importacia”, afirman os populares ordenses.

Foto: Momento da visita do ministro de Fomento, Xosé Blanco á vila de Ordes o 10 de febreiro de 2009.
*