.
Terá por título o de 'Xestión integral de residuos en Galicia' para o que permanecerá aberto o prazo de inscrición ata o día de comenzo do mesmo
Está organizado pola universidade compostelá e polo Concello de Ordes
A Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) volve este verán a Ordes despois do éxito acadado na edición do ano pasado coa celebración do curso sobre a Xestión Ambiental nos Concellos Galegos.
Se naquela ocasión, a primeira na historia en que Ordes se convertía en sede universitaria, se celebraba no mes de setembro, nesta ocasión será dende este luns día 19 ata o xoves 22 de xullo cando teña lugar este novo seminario baixo o título Xestión Integral de Residuos en Galicia. Un programa creado pola concellería de Medio Ambiente de Ordes dirixida por Xesús Pedreira, e que dirixirá o profesor de Medio Ambiente y Salud da Universidad Politécnica de Madrid, Francisco José Peña Castiñeira, e a profesora de Toxicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, María Julia Melgar.
O curso ten como obxectivo establecer un foro de debate que aborde a situación actual da eliminación dos residuos en Galicia, os problemas e as carencias que se consideran máis importantes, así como as posibles solucións que se deberán adoptar, coa finalidade de que os técnicos que traballan neste sector participen activamente e dispoñan dunha información o máis rigurosa e obxectiva posible dende o punto de vista científico, e elo sirva para clarificar conceptos e analizar os aspectos máis importantes, ademais de permitir o diálogo e cooperación dos axentes sociais implicados co tema, coa finalidade de contribuir a mellorar a xestión nos concellos galegos.
Tamén pretende contribuir a mellorar a formación e reciclaxe dos técnicos que se adican á xestión de residuos, actualizar a formación do persoal da Administración Local con responsabilidades na xestión dos residuos e implicar ao profesorado e alumnado dos Centros Educativos de Ensino Universitario, Secundario e Formación Profesional na xestión dos residuos.
Formalización de matrícula
En canto á inscrición no curso, a matrícula poderá formalizarse a través de internet na dirección www.usc.es/cultura/uveran10.htm, ou de maneira presencial ben nas Secretarías dos Cursos de Verán dos Campus de Compostela e o Campus de Lugo da USC, ou ben no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes, lugares onde tamén se poderá solicitar máis información.
O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o luns, día do comenzo do curso.
PROGRAMA
LUNS 19 DE XULLO:
10:00 h. – Inauguración do Seminario
10:30 h. – Conferencia inaugural: “Problemática sanitaria e ambiental da xestión dos residuos: importancia da participación Cidadá”
Conferenciante: Francisco Peña Castiñeira. Profesor de Medio Ambiente e Saúde da Universidad Politécnica de Madrid
12:00 h. – Mesa redonda: “Posta en común sobre a xestión de residuos en Galicia, Asturias e León”.
Moderador: Francisco Peña Castiñeiras
Relatores:
- “A xestión municipal dos residuos en Galicia: novos retos”, Mª José Echevarría Moreno, subdirectora xeral de Coordinación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta.
- “Plan de xestión de residuos urbanos en Asturias: situación actual e perspectivas de futuro”, Santiago Fernández Fernández, xerente do Consorcio para a Xestión de Residuos Sólidos en Asturias.
- “Xestión e Tratamento de Residuos Urbanos na provincia de León”, Secundino Prieto Tercero, xerente do Consorico Provincial para a Xestión de Residuos Urbanos da provincia de León.
16:30 h. – Visitas prácticas: Complexo Medioambiental de Sogama (Cerceda- A Coruña), planta de tratamento de residuos urbanos de A Coruña (Nostián- A Coruña)
MARTES 20 DE XULLO:
10:00 h. – II Mesa redonda: “Modelos de xestión de residuos urbanos en Galicia”
Moderador: Manuel Soto Castiñeira, Profesor titular de Enxenaría Química e director da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña
Relatores:
- “Modelo Sogama de xestión de residuos urbanos”, Mª Esther Campos Mosquera, responsable de Comunicación e Prensa de Sogama.
- “Planta de tratamento de residuos urbanos de A Coruña”, David García Armesto, director xerente de Albada
- “Planta de reciclaxe e compostaxe do Barbanza”, Jacobo Patiño López, director de explotación FCC- Fomento de Construcciones y Contratas S.A.
- “Xestión integral e supramunicipal dos residuos urbanos na provincia de Ourense”, Javier Bobe Vázquez, xefe do servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense
- “Ferramentas de control na xestión dos residuos urbanos”, Benito Blanco Pequeño, xerente de residuos Novotec Consultores S.A.
16:30 h. – Visitas prácticas: Punto Limpo (Ordes- A Coruña) a cargo de Montserrat Rivas Fuentes, responsable de Calidade e Medio AMbiente de SOL- Servicios, Obras y Limpiezas, S.A.; visita á planta de reciclaxe e compostaxe do Barbanza (Lousame- A Coruña)
MÉRCORES 21 DE XULLO:
10:00 h. – III Mesa redonda: “A Xestión de residuos industriais, sanitarios, radiactivos e de construcción e demolición”
Moderador: Benito García Carril, periodista ambiental, director de Galicia Ambiental.
Relatores:
- “CRTIG- Centro de Tratamento de residuos industriais de Galicia: situación actual e perspectivas de futuro”, Ramón Blanco López, director industrial de Sogarisa
- “A xestión dos residuos sanitarios en Galicia”, Ángel Gómez Amorín, subdirector xeral de Programas de control de Riscos Ambientais para a saúde da Consellería de Sanidade da Xunta,e vicepresidente da SESA
- “A Xestión de residuos radiactivos: unha solución ambiental”, Silvia Rueda Sánchez, técnico do departamento de formación de Enresa.
- “A Xestión dos residuos da construcción e demolición”, Elvira Camarero Pérez, directora comercial do Grupo Gestán.
16:30 h. – Visita práctica ao CTRIG- Centro de Tratamento de residuos industriais de Galicia (As Somozas- A Coruña)
XOVES 22 DE XULLO:
10:00 h. – IV Mesa redonda: “Reducción, reutilización, reciclaxe e valorización de residuos”
Moderadora: Mª Julia Melgar Riol, profesora titular de Toxicoloxía da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela
Relatores:
- “Valorización enerxética de residuos”, Francisco Silva Castaño, director xeral de Sogama.
- “Valorización de residuos orgánicos biodegradables e xestión de residuos gandeiros: código de boas prácticas agrarias”, Josefa de León Blanco, delegada da zona sur do Grupo Agroamb
- “Reciclaxe e tratamento do vidro”, David González Campos, director de operación do Grupo Daorje
- “Uso de máquinas compactadoras para minimizar o volumen de cartón e de residuos plásticos e facilitar a súa reciclaxe”, Luis Concheiro Coello, responsable da Área de Compactación da División de Maquinaria Medioambiental de Internaco S.A.
- “Asimelec: a reciclaxe dos residuos TIC”, Julio Lema García, director comercial de Fundacións Medioambientais de Asimelec
13:30 h. – Clausura do Seminario
*