sábado, 3 de julio de 2010

Ordes xa conta con quince novos graduados na ESO

.
Dos 22 alumnos e alumnas ordenses que se presentaron aos exames, 15 conseguiron o título

O alcalde Manuel Regos, acompañado pola concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, facía entrega onte pola tarde dos diplomas do curso de graduado en ESO para adultos que se celebrou no municipio e que estivo promovido pola Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade e subvencionado pola Xunta de Galicia.

Un curso que daba comenzo o pasado mes de novembro e que para algúns dos alumnos remata agora coa obtención do título, e para outros na convocatoria de setembro ao non ter superados os exames en xuño.

No acto, que tivo lugar na Casa da Cultura, o alcalde felicitou aos alumnos e alumnas ordenses que superaron as probas e conseguiron o título, así como animou ao resto a seguir traballando para conseguilo na convocatoria de setembro. Regos fixo fincapé na importancia da formación á hora de encontrar un traballo ademais de contribuir ao propio desenvolvemento persoal.

Porcentaxe de aprobados do 68%
Dos 22 alumnos e alumnas ordenses que se presentaron aos exames, foron 15 os que conseguiron o graduado en ESO, tendo Ordes unha porcentaxe de aprobados nesta convocatoria dun 68,18%, moi superior á de Santiago, polo que o alcalde, Manuel Regos e a concelleira, Silvia Marín, tamén quixeron felicitar tanto aos participantes como á súa profesora.

Trala entrega dos diplomas un orientador do IES Nº1 realizou unha charla co fin de dar información aos alumnos e alumnas ordenses sobre as posibles alternativas das que disporán agora trala obtención do seu título.

*