martes, 20 de julio de 2010

O divulgador científico Eduardo Punset colabora co Festival Cinestable

.
Farase un sorteo dun libro asinado e adicado por entre todas as persoas que voten o Premio do Público

O I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable, que organiza a Asociación Inestable (Asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes), contará nesta a súa primeira edición con outra colaboración moi especial. Trátase dun dos divulgadores científicos máis importantes do noso país, Eduardo Punset que quixo ser partícipe deste festival.

Así, Punset colaborará co certame entregando un exemplar firmado e adicado do seu último libro El viaje al poder de la mente, e que será sorteado entre todas as persoas que voten para o Premio do Público.

Premios e categorías
Por outra banda, o I Festival de Curtametraxes Libres Cinestable ten xa establecidas as diferentes categorías e as cuantías dos premios que se entregarán con motivo da celebración do concurso de curtas enmarcado dentro de dito festival. Un concurso para o que todavía está aberto o prazo de presentación dos traballos ata o próximo 1 de agosto.

En canto ás categorías nas que se repartirán os premios serán as seguintes:

- MELLOR CURTAMETRAXE, dotado con 600€ e outorgado por un xurado formado por membros da asociación Inestable.
- MELLOR CURTAMETRAXE EN GALEGO, dotado con 200€ e outorgado pola AC trasno.
- PREMIO DO PÚBLICO, no que tódolos asistentes ó festival poderán votar pola curtametraxe que máis lles guste e podendo así premiala cun cheque regalo por valor de 100€ xentileza de ATX informática.

A Casa da Cultura será a que acolla a celebración deste festival o próximo 5 de agosto, acto no que se entregarán os premios do concurso así como se realizará a proxección das curtas e das mellores cintas libres a nivel mundial.

*