martes, 6 de julio de 2010

A Consellería de Medio Ambiente aporta preto de 8.000 euros ao Concello para a xestión de voluminosos

.
A través dun convenio asinado entre ambas administracións

Pedreira: "Coa firma deste novo convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poderemos sufragar os gastos que xenera para o noso concello o servizo de recollida e xestión de voluminosos"

O Concello de Ordes recibirá unha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través dun convenio asinado entre dito departamento autonómico e o propio Concello. Trátase de preto de 8.000 euros que irán destinados á xestión de voluminosos no municipio. Este convenio súmase a outros asinados xa coa Consellería de Medio Ambiente, o primeiro deles o pasado ano 2009 para a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos converténdose Ordes no primeiro municipio da nosa comunidade en adherirse.

Estas iniciativas súmanse o outro conxunto de proxectos levados a cabo polo Concello de Ordes baixo o lema “Ordes recicla”, que teñen como fin reutilizar, reducir e reciclar residuos de todo tipo xerados no municipio.

Servizo de recollida domiciliaria
Xa se conseguiron melloras na calidade de vida dos cidadáns mediante unha contenerización axeitada que facilite as labores de recollida selectiva de residuos e que minimice o impacto visual do lixo e os contenedores convencionais na vía pública; asimesmo, o punto limpo conta con contenedores específicos destinados a cada tipo de residuo (voluminosos, peligrosos) para a aportación voluntaria ademais do servizo de recollida domiciliaria de enseres voluminosos implantado no municipio.

Durante o ano 2009 incrementouse a participación cidadá gracias ás campañas de formación e sensibilización como demostra o aumento na cantidade de residuo xestionada durante o pasado ano.



A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Coa firma deste novo convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, poderemos sufragar os gastos que xenera para o noso concello o servizo de recollida e xestión de voluminosos para así poder continuar co compromiso adquirido cos nosos veciños e veciñas en materia de limpeza viaria e xestión de residuos”.

Foto: Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

*