miércoles, 14 de julio de 2010

O PP de Ordes promove unha moción no Concello para rexeitar o decreto do carbón que pode pechar Meirama

.
Aínda que a central térmica se atopa no concello de Cerceda a actividade económica da instalación tamén beneficia a Ordes

O grupo municipal do Partido Popular de Ordes animará, no próximo pleno, aos diferentes partidos que integran a corporación local a aprobar por unanimidade unha moción coa que instar ao Goberno central a retirar o decreto do carbón impulsado por Rodríguez Zapatero, e que pode abocar ao peche definitivo da central térmica de Meirama.

Empregos indirectos en Ordes
Se ben a central térmica de Meirama está situada no municipio veciño de Cerceda, os populares ordenses recordan que a actividade económica derivada desta instalación tamén beneficia a Ordes, especialmente polos empregos indirectos que proporciona e a actividade económica que xera en áreas como a hostalería, entre outras.

O PP de Ordes agarda que o grupo de goberno admita a inclusión desta moción na orde do día do vindeiro pleno da corporación municipal, por entender que o peche definitivo de Meirama suporía un duro golpe para a economía da comarca.

Foto: Central térmica de Meirama (CIG).



*