Un gran número de persoas, tanto nenos como maiores, están participando nas actividades que se celebran cada día na Alameda con motivo deste programa culturalO Concello de Ordes sigue adiante coa súa programación cultural para este verán, que se enmarca dentro do programa Verán Cultural 2010, e que achega cada día ao municipio un espectáculo diferente.
Un programa que está contando cun gran éxito de participación, xa que cada tarde, centos de veciños e veciñas ordenses de todas as idades se achegan ata a Alameda para disfrutar destes espectáculos que van dende noites de cine, títeres, representacións teatrais e incluso actuacións humorísticas. Mostra delo foi o gran éxito do espectáculo de malabres celebrado o pasado domingo, no que a Alameda estivo abarrotada de persoas que non se quixeron perder a actuación.
"2 pallasos en apuros"
Xa de cara a estes días o humor e os paiasos serán os protagonistas, e así hoxe tocaralle o turno ao espectáculo “2 Pallasos en apuros”, e mañá xoves tamén o humor chegará a Ordes da man de “Anchuan de la Cream”. O venres 23 serán os monicreques os que intentarán entreter aos ordenses, para dar paso a dous días de descanso deste programa cultural con motivo da celebración do Apóstolo.

Todos estes espectáculos terán lugar na Alameda de Ordes a partir das 20 horas.
*