viernes, 9 de julio de 2010

Regos: "Se levarán a cabo as obras de acondicionamento da escola unitaria de Vilamaior"

.
O alcalde explicou que a subvención da Deputación non se perderá xa que o ente provincial concedeu unha prórroga para a xustificación da subvención

O alcalde Manuel Regos lamentou as críticas verquidas esta semana pola Asociación Cultural e Veciñal Seixo Branco en relación ás obras de acondicionamento da escola unitaria de Vilamaior.

Así, Regos explicou que se trata dun proxecto promovido polo grupo de goberno no seu interese de dotar á parroquia dun lugar de socialización para os veciños e veciñas. En canto á subvención solicitada á Deputación para ditas obras explicou, que ao contrario do que aseguran dende a asociación, non se perderá, xa que “a Deputación concedeu unha prórroga ata o 31 de outubro para a xustificación das obras”.

Falta de información
O alcalde asegurou que as obras sí se levarán a cabo e lamentou a falta de información da asociación veciñal, unha falta de información que dixo, se podería ter solventado se dende a entidade se dirixisen ao Concello para informarse.

Ademais dende o grupo de goberno aseguraron que estas obras sumaranse a moitas outras que se están a realizar en todas as parroquias do municipio, unhas obras mostra do empeño do grupo de goberno local de dinamizar e desenvolver o medio rural do concello de Ordes.

*