miércoles, 14 de julio de 2010

Todo listo para as festas patronais de Parada

.
A parroquia dará comezo este venres 16 de xullo ás súas festas na honra de Santa Mariña

Dúas das mellores orquestras de Galicia, Panorama e París de Noia ofrecerán os seus espectáculos na noite do venres

A parroquia ordense de Parada agarda ansiosa pola celebración das súas festas patronais na honra de Santa Mariña. Unhas celebracións que darán comezo este venres 16 de xullo e que se prolongarán ata o domingo 18. Para dar comezo á fin de semana grande da parroquia, o venres 16 dará comezo cunha gran churrascada seguido dunha verbena a cargo das célebres orquestras Panorama e París de Noia.

O sábado 16, día da patrona Santa Mariña, terá lugar unha misa solemne na súa honra ás 13:30 h. para a continuación dar comezo á sesión vermú amenizada pola Orquestra Samba, que voltará a subir ao escenario de Parada pola noite.

Virxe do Carme
O domingo 17 de xullo estará dedicado á Virxe do Carme. Haberá una misa ás 13:30 h. e a continuación sesión vermú a cargo da Asociación Cultural Brisas do Quenllo seguida dunha actuación musical.

A comisión de festas de Parada convida a todos os lectores e lectoras de Ordessiete a desfrutar con eles dunha fin de semana de festa na súa parroquia. Tamén agradecen a importante colaboración veciñal deste ano así como a colaboración do Concello de Ordes e a dos estabelecimentos comerciais ordenses.

Foto: Genma Lareo, vocalista da orquestra París de Noia.

*