miércoles, 22 de junio de 2011

O alcalde Manuel Regos felicitou aos equipos ascendidos esta tempada


Foron os xogadores, corpos técnicos e directivas do equipo sénior da A.C. Órdenes de hockey, o equipo de xuvenís da S.D. Órdenes e o Vila de Ordes


O alcalde Manuel Regos recibíu onte pola tarde na Casa do Concello a xogadores, corpos técnicos e directivas de tres equipos do municipio que conseguiron esta tempada  o ascenso a categorías superiores en diferentes disciplinas.

Así, foron os membros do equipo sénior da A.C. Órdenes de hockey, o equipo de xuvenís da S.D. Órdenes e os compoñentes do clube Vila de Ordes, os que recibiron a felicitación do alcalde e concelleiros do goberno local polos logros conseguidos durante esta tempada. Unha tempada na que os xogadores sénior da A.C. Órdenes conseguiron o ascenso á 1ª División Nacional de hockey; os xuvenís da S.D. Órdenes conseguiron o ascenso á Liga Galega Xuvenil; e o equipo do Vila de Ordes logrou o ascenso a 2ª Autonómica.


Gran potencial
Manuel Regos felicitou aos equipos asegurando que están a levar o nome de Ordes ata o máis alto a nivel deportivo, dando mostra unha vez máis do gran potencial dos deportistas e clubes ordenses, tanto dende a base como en categorías superiores.

Ademais de alabar o esforzo dos xogadores e corpo técnico, o primeiro edil tivo tamén unhas palabras de recoñecemento para as directivas destes equipos que co seu traballo están conseguindo facer do deporte en Ordes todo un referente, ademais de facer un gran traballo dende a base, e a quen lles ofreceu todo o apoio do Concello. Regos mostrou a súa satisfacción polos logros destes clubes que asegurou, servirán ademais para levar o nome do municipio por alí por onde pasen.

*