Dende o executivo galego aseguran que os seus responsables "non conseguirán enturbar a pacífica convivencia da sociedade galega"
"A Xunta de Galicia condena rotundamente o ataque que sufriu a sede do PP de Ordes esta madrugada, tras explotar un artefacto que non ocasionou danos persoais, pero si destrozos materiais. O Goberno galego expresa o seu apoio e solidariedade á agrupación popular e reitera o seu rexeitamento e a súa repulsa ante este acto vandálico e ante todo tipo de actos violentos.
A Xunta de Galicia manifesta que os ataques contra estruturas democráticas que se veñen repetindo nos últimos meses non conseguirán o seu obxectivo de enturbar a pacífica convivencia da sociedade galega."
*