miércoles, 8 de junio de 2011

A Casa da Cultura acolle a exposición dos ordenses pintores e debuxantes


A mostra recolle os traballos dos participantes nos obradoiros de debuxo e pintura do Concello

A Casa da Cultura acolle dende o pasado venres a exposición dos traballos realizados polos alumnos e alumnas do obradoiro de debuxo e pintura posto en marcha polo Concello durante este curso, obradoiro enmarcado dentro do programa de actividades culturais do Concello de Ordes.

En total son máis dun cento de alumnos, entre nenos e adultos, os que expoñen os seus traballos, demostrando así todo o aprendido durante o curso e a súa evolución.

A exposición poderase visitar ata o venres 10 de xuño no horario de apertura da Casa da Cultura, de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.