Tampouco aceptará ningún outro cargo no Partido Popular
O popular Manuel Prado Patiño tomou esta mañá posesión como alcalde de Frades baixo a promesa de "estar centrado totalmente en Frades", polo que renunciará a calquer cargo na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, institución da que viña sendo o seu presidente. Tamén Prado Patiño fixo a promesa de "renunciar" a calquer outro cargo no Partido Popular.
*